
Autocares Rías Baixas
Somos unha empresa familiar gallega, comprometida coa nosa terra e coa nosa xente. Tras máis de 90 anos dedicados ao transporte, seguimos perseguindo o mesmo obxectivo: ofrecer aos nosos clientes un servizo de calidade que garanta viaxes seguras e cómodas.
En Autocares Rías Baixas, coidamos ao máximo o mantemento dos nosos autobuses e trens, a planificación de cada viaxe, cada ruta e, sobre todo, a formación e a calidade humana do noso equipo. Queremos que as persoas que viaxan con nós todos os días teñan o mellor servizo posible.
Leva moito camiño dende que os nosos avós conducían por estradas sen asfaltar, pero a paixón que sentían polo seu traballo, que nos transmitiron ao longo dos anos, é o que nos motiva a seguir adiante e a convidarvos a uniros a nós nesta marabillosa viaxe.