A visita no Tren Turístico de Santiago

O tren turístico de Santiago de Compostela ofrece unha forma cómoda e sostible de explorar a cidade. Sae da Catedral de Santiago, Patrimonio da Humanidade desde 1985, e percorre o centro histórico ao longo das antigas murallas da capital.

Mapa do percorrido

PUNTO DE ENCONTRO

Praza do Obradoiro, na fachada principal da Catedral de Santiago

Partindo da Praza do Obradoiro, fronte á Catedral de Santiago, desde os vagóns do tren poderemos admirar algúns dos lugares máis interesantes desta cidade. Durante o traxecto, o tren pasa polo convento de San Francisco, o Auditorio de Galicia e os campus universitarios. Bordea o centro histórico pola Alameda e a Rúa da Senra, onde estaban as antigas murallas e as portas de entrada a Santiago de Compostela. Continúa polo mosteiro de San Domingos de Bonaval, que hoxe alberga o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres; o Museo Galego de Arte Contemporánea, o Convento de Santa Clara e o monumento ao Peregrino, antes de volver á Praza do Obradoiro.

Horarios e tarifas

XULLO - AGOSTO
  • Do 1 de xullo ao 31 de agosto (ambos incluídos)
    Saídas do tren cada 30 minutos desde as 10:30 (primeira saída) ata as 21:00 (última saída)

 O venres 25 de Xullo, con motivo da celebración do Día de Galicia e do Apóstolo Santiago, e debido ao peche da Praza do Obradoiro polos actos institucionais, o tren non poderá circular ata as 15:00h.   


Estes horarios son orientativos. Informarémoslle de calquera variación que poida producirse.

Adultos

Persoas adultas

7€

Menores

Nenos/as de 4 a 12 anos

5€

Menores

Menores de 4 anos

De balde

FAQ - Preguntas frecuentes

O Tren Turístico sae da Praza do Obradoiro, fronte á Catedral de Santiago, e o percorrido ten unha duración aproximada de 45 minutos.

O prezo do billete é de 7 euros para persoas adultas e 5 euros para menores, entre 4 e 12 anos. Os menores de 4 anos viaxan de balde sempre que vaian acompañados dunha persoa adulta, pero tamén deberán solicitar o seu boleto. O billete inclúe un percorrido completo con audioguía dispoñible en 7 idiomas para coñecer a historia e as curiosidades da cidade.

Permítense cambios e anulacións ata 1 hora antes da saída do tren, a través desta páxina web, identificándote co teu DNI, a referencia de compra e o localizador.

Por seguridade, é obrigatorio permanecer sentado durante todo o percorrido e seguir as indicacións do persoal. Non está permitido fumar, comer nin beber no interior do tren. Non se admiten animais, salvo cans guía ou mascotas pequenas en transportín que non ocupen praza. Ademais, esíxese un comportamento respectuoso e adecuado durante toda a viaxe.

É obrigatorio conservar o billete durante todo o percorrido. En caso de perda, poderás obter un duplicado accedendo á túa área persoal nesta páxina web, identificándote co teu DNI, a referencia de compra e o localizador. Se tes algunha dúbida ou precisas axuda, podes escribirnos a través do formulario dispoñible nesta web.
Logo principal

Lembra que...

Localización
Audioguía
Centro histórico
Duración
Precios
Capacidad
Queres máis información?

Enche o formulario ou
chámanos ao 981 537 222

Datos de Contacto
Para poder enviar o formulario, debes aceptar o uso de Google reCaptcha nas cookies da páxina. Por favor, acepta o seu uso e logo envía o formulario.