Cada día regalamos 5 billetes
Se es peregrino, os cinco primeiros billetes do día do tren turístico de Santiago poden ser de balde para ti.

Despois dun gran esforzo mereces unha recompensa. Se es un dos 5 primeiros peregrinos en chegar á Praza do Obradoiro, a túa viaxe no Tren Turístico de Santiago sairache GRATIS. Cada día regalamos 5 billetes. Non te preocupes pola dor de pés. Poderás percorrer as rúas e prazas máis emblemáticas de Santiago de Compostela comodamente, sentado no tren. Tan só tes que mostrarnos a túa Credencial de Peregrino, con algún selo oficial.
Ofrecémosche un itinerario con saída desde a Praza do Obradoiro, aos pés da catedral. Rodea a cidade histórica, visita xardíns con arquitectura de autor e goza das mellores vistas panorámicas da zona monumental, dun modo agradable e descansado. Ademais, durante o traxecto terás audioguías gratuítas en 6 idiomas. Gózao. Merécelo.
- Billetes para o primeiro tren da mañá no Roteiro Histórico (ver horario segundo tempada)
- Duración: 45 minutos aproximadamente.
- Prazas: 5 primeiros peregrinos gratis cada día.
- Requisito: mostrar a Credencial do Peregrino con algún selo oficial.
- Saída: Praza do Obradoiro.
Se ademais queres facer algunha excursión para coñecer Galicia (Finisterre, Ribeira Sacra, O Courel, Rías Baixas, Illas Cíes,…) pídenos orzamento aquí para o aluguer do autobús.
