Ruta dos Parques

“Entre dous ríos, un dos cales se chama Sar e o outro Sarela, está situada a cidade de Compostela, a máis ditosa e excelsa das cidades de España”, sentenciaba o Códice Calixtino.

Unha visita a Santiago de Compostela non estaría completa sen un paseo polo pulmón verde da cidade, bordeando os seus dous ríos. Este roteiro do tren turístico achéganos a algúns dos seus parques históricos e a bosques que cruzaron, moito tempo atrás, outros viaxeiros e peregrinos…

Itinerario

Partindo da Praza do Obradoiro, onde está a Catedral de Santiago, poderemos admirar os principais parques e lugares de interese da cidade. Desde os vagóns do tren veremos o Parque da Música co Auditorio de Galicia, San Domingos de Bonaval e o Parque de Carlomagno, no barrio das Fontiñas. Pasaremos polo Bosque de Galicia nas ladeiras do monte Gaiás e a Cidade da Cultura, polo Parque Belvís e a Colexiata de Sar, e cruzaremos a Alameda antes de volver á Praza do Obradoiro.

O percorrido do tren pode sufrir algunha variación debido ás obras. Desculpen as molestias.

Mapa Ruta dos Parques Tren Turístico Santiago

Punto de encontro

Praza do Obradoiro, na fachada principal da Catedral de Santiago de Compostela.

Importante

Conserva o billete. O seu extravío ou alteración supón a perda do dereito de uso do servizo.
O billete é unipersoal e válido para o tipo de servizo e día indicados.
Reembolso e cambios non permitidos.
Os pasaxeiros deberán permanecer sentados durante o percorrido pola súa seguridade.
Non se admiten animais, excepto cans guía.

Tarifas

Paseo en tren turístico por Santiago de Compostela con audioguía incluida.

Nenos menores de 3 anos: Gratis
Nenos de 4 a 12 anos: 4 €
Adultos: 6 €

Os billetes individuais adquírense directamente no tren.

Cambio máximo permitido no tren 50 €.

Os grupos de 20 persoas ou máis poden facer a súa reserva online (pendente de confirmación segundo dispoñibilidade de prazas).

 

Horarios 2022

XUÑO – Diario
 Do 24 ao 30 de Xuño (ambos incluidos)
Saídas ás 11:15 / 12:15 / 13:15 / 16:15 / 17:15 / 18:15 / 19:15 h.
XULLO – Diario
 Do 1 ao 31 de Xullo (ambos incluidos)
Saídas ás 11:15 / 12:15 / 13:15 / 16:15 / 17:15 / 18:15 / 19:15 h.
O 28 de xullo non se poderá acceder á Praza do Obradoiro pola mañá pola celebración do Día de Padrón.
AGOSTO – Diario
 Do 1 ao 31 de Agosto (ambos incluidos)
Saídas ás 11:15 / 12:15 / 13:15 / 16:15 / 17:15 / 18:15 / 19:15 h.

 

Estes horarios son de carácter orientativo. Informarémoslles de calquera variación que poida producirse.

Aquí podes facer a reserva para grupos de 20 persoas ou máis, ata 48 horas antes da saída do tren. Indícanos a data e o horario no que vos gustaría facer a vosa visita e poderedes gozar dunha tarifa especial (pendente de confirmación segundo dispoñibilidade).

Para billetes individuais e grupos de menos de 20 persoas os tiques adquírense directamente no tren.

OUTROS SERVIZOS