Autocares Rías Baixas

Somos unha empresa familiar galega, comprometida coa nosa terra e a nosa xente. Tras máis de 90 anos dedicados ao transporte, seguimos perseguindo o mesmo obxectivo: ofrecer aos nosos clientes un servizo de calidade que garanta viaxes seguras e confortables.

En Autocares Rías Baixas coidamos ao máximo o mantemento dos nosos autobuses e trens, a elaboración de cada viaxe, de cada ruta, e sobre todo, a formación e calidade humana do noso equipo Queremos que as persoas que viaxan cada día connosco teñan o mellor servizo posible

Foi un longo camiño desde que os nosos avós conducían por estradas sen asfaltar, pero a paixón que sentían polo seu traballo, e que nos transmitiron ao longo destes anos, é o que nos motiva a seguir adiante e convidarche a que veñas connosco a gozar desta marabillosa viaxe.