A visita no Tren Turístico de Santiago
O tren turístico de Santiago de Compostela ofrece unha forma cómoda e sostible de explorar a cidade. Sae da Catedral de Santiago, Patrimonio da Humanidade desde 1985, e percorre o centro histórico ao longo das antigas murallas da capital, descubrindo outros tesoros do patrimonio compostelán que, a miúdo, pasan desapercibidos.
PUNTO DE ENCONTRO
Praza do Obradoiro, na fachada principal da Catedral de Santiago
Partindo da Praza do Obradoiro, fronte á Catedral de Santiago, desde os vagóns do tren poderemos admirar algúns dos lugares máis interesantes desta cidade. Durante o traxecto, o tren pasa polo convento de San Francisco, o Auditorio de Galicia e os campus universitarios. Bordea o centro histórico pola Alameda e a Rúa da Senra, onde estaban as antigas murallas e as portas de entrada a Santiago de Compostela. Continúa polo mosteiro de San Domingos de Bonaval, que hoxe alberga o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres; o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Convento de Santa Clara e o monumento ao Peregrino, antes de volver á Praza do Obradoiro.
Horarios e tarifas
MAIO
- Saídas todos os días, de 11:00 a 20:00 h (cada hora).
XUÑO
- Do 1 ao 19 de xuño. Saídas todos os días, de 11:00 a 20:00 h (cada hora).
- Do 20 ao 30 de xuño. Saídas todos os días de 10:30 a 21:00 h (cada 30 minutos).
Estes horarios son orientadores. O servizo poderá verse alterado pola celebración de eventos especiais.
AVISOS: Con motivo do corte de tráfico pola celebración da Carreira SantYaGo 10K, o sábado 30 de maio quedan suprimidas as saídas do Tren Turístico das 19.00 e 20.00 horas.
Persoas adultas
7€
Nenos/as de 4 a 12 anos
5€
Menores de 4 anos