Política de vendas

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN

1. Identificación das partes

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, infórmase que a titularidade do sitio web https://trenturisticosantiago.com/ pertence a Autocares Rías Baixas, SL, con CIF número B36019990, domicilio no lugar de Igrexa-Salcedo, número 37, con código postal 36143 de Pontevedra, correo electrónico de contacto arbp@autocaresriasbaixas.com e teléfono 986856622. A empresa atópase inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, Tomo 4012, Folio 113, inscrición 31, folla PO7500.

2. Obxecto

O presente documento regula as condicións xerais de contratación que rexerán a relación entre a provedora, Autocares Rías Baixas, S.L., e a persoa usuaria ao consultar a web https://trenturisticosantiago.com/, e, en concreto, a compra e reserva de servizos turísticos ofrecidos a través do sitio web, consistentes en servizos de transporte turístico en tren pola cidade de Santiago de Compostela.

A aceptación deste documento implica que a persoa usuaria: leu, entende e comprende o aquí exposto, ten capacidade suficiente para contratar e asume as obrigas aquí establecidas.

3. Procedemento de contratación

O procedemento de reserva e contratación poderá realizarse en castelán, inglés e galego. O proceso de compra seguirá os seguintes pasos:

  • Acceso a toda a información previa á contratación do servizo ofrecido a través da web.
  • Acceso á adquisición da reserva de billetes mediante o botón “Compra o teu billete”, onde se seleccionará a data desexada facendo clic no día do calendario; posteriormente, elíxese o horario, indicándose as prazas dispoñibles en cada quenda; logo selecciónanse as tarifas en función das idades das persoas para quen se realiza a compra, amosando de forma clara e sinxela que tramos de idade abrangue cada tarifa e permitindo seleccionar varios billetes por tramo; por último, permítese escoller a praza desexada nun esquema do tren turístico cun código de cores segundo a dispoñibilidade. O tren turístico de Santiago ofrece prazas para persoas con mobilidade reducida; a súa dispoñibilidade garantirase previa reserva a través do formulario dispoñible na web ou mediante chamada telefónica ao número 981537222, con polo menos 48 horas de antelación respecto da saída do tren. A reserva de prazas PMR está suxeita a dispoñibilidade e confirmación por parte do servizo de atención ao cliente.
  • Manterase en todo momento un resumo das seleccións realizadas.
  • Tanto na marxe dereita como ao final da páxina permitirase facer clic para “continuar co pago”, dispoñendo de 20 minutos para cubrir a información persoal imprescindible da persoa compradora e indicando se desexa recibir ou non factura, a cal será remitida ao correo electrónico facilitado, así como a aceptación da política de privacidade e das presentes condicións xerais. Finalmente, poderá facerse clic en “rematar compra”.
  • Acceso á pasarela de pago, habilitándose unicamente o pago con tarxeta bancaria, tras o cal se obterá unha ligazón para “descargar os billetes” e, de forma automática, remitiranse por correo electrónico os billetes adquiridos.

4. Prezos e impostos

Todos os prezos mostrados inclúen o IVE vixente salvo indicación expresa. A empresa resérvase o dereito de modificar os prezos sen aviso previo, aínda que se respectarán os prezos en vigor no momento da compra.

5. Política de cancelacións e devolucións

O proceso de contratación pode realizarse con ou sen rexistro previo na web. No primeiro caso facilitarase un nome de usuario e un contrasinal que permitirá acceder a todos os pedidos realizados, a través da icona situada na marxe superior dereita da pantalla. Na mesma icona poderá accederse, sen rexistro, mediante o documento de identidade, referencia de compra e localizador (indicados no billete) para xestionar a reserva.

A xestión de reservas permite descargar novamente os billetes, modificar a data, hora ou asento e/ou anular a reserva efectuada. Tras a xestión, recibirase confirmación no mesmo correo facilitado e, no caso de devolución, procederase ao abono na mesma tarxeta coa que se realizou o pago nun máximo de 15 días hábiles, sen prexuízo da cantidade que, debidamente informada, poida deducir Autocares Rías Baixas, S.L. como gastos de xestión polo cambio ou anulación.

En todo caso, o proceso de anulación e modificación poderá facerse ata unha hora antes da hora prevista de inicio do servizo.

Non se realizarán devolucións nin modificacións se a persoa usuaria non se presenta á hora acordada ou chega con atraso.

6. Protección de datos

Os datos persoais facilitados durante o proceso de compra trataranse conforme á Política de Privacidade publicada no sitio web, cumprindo o Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).

7. Lexislación aplicable e xurisdición

Estas condicións réxense pola lexislación española. Para a resolución de conflitos, as partes sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais de Pontevedra.